Traducións Viveiro


In English
[In English]
Traducións Viveiro

Fotografía de Viveiro
Menú principal

Currículo
Linguas
Tipoloxía de textos
Prazos de entrega
Prezos
Ferramentas en liña

Currículo                                                                                                                                                  Volver ó menú
Son graduada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo na especialidade Galego-Inglés, aínda que tamén domino outras linguas. Vivín por distintos lugares do mundo, ben por estudos (erasmus) ben traballando cando rematei o Grao.
Como tradutora, fixen a tradución de numerosos textos por encargo a diferentes idiomas. Ademais, o meu traballo de fin de Grao, consistente na tradución dun libro de contos tradicionais galegos ó inglés, foi publicado.
Como intérprete, estiven traballando nunha empresa na que debía asistir ás reunións internacionais con socios de todas a partes do mundo.
Ademais, en España impartín clases particulares de idiomas nunha academia primeiro e por libre despois; e durante a miña estadía en Paris, en Londres e en Berlín, fun mestra de español.
Ademais, domino por completo a linguaxe de signos e asistín a un curso de dobraxe.


   

Linguas                                                                                                                                                    Volver ó menú         
Estou especializada en tradución do inglés ó galego, aínda que tamén domino o castelán, xa que me criei nunha familia bilingüe e obtiven o título deste idioma. Ademais, cursei francés na Escola de Idiomas de Vigo e teño completo dominio del, debido a que pasei un ano vivindo en Francia. Tamén teño estudos de alemán e, ao residir durante 10 meses en Alemania, adquirín unha completa fluidez nesta lingua. Falo un inglés perfecto, grazas en gran medida a que vivín en Londres xusto despois de acabar o Grao. Ademais, estudeis dous anos latín e grego, polo que aínda que non teño uns coñecementos moi elevados, podería traducir algún texto se este non fose moi complexo. Tamén teño un curso de portugués. Cómpre mencionar tamén que estiven de Erasmus en Finlandia, polo que tamén domino o finés. Por último, teño un curso da linguaxe de signos.




Tipoloxía de textos                                                                                                                                    Volver ó menú
Estou especializada en textos económicos, debido á miña experiencia nunha empresa, pero grazas ó meu gusto pola historia, adquirín unha gran desenvoltura traducindo textos históricos. Tamén cumprín satisfactoriamente diversos encargos de dobraxe de algunha miniserie galega. Para finalizar, mencionar tamén os meus amplos coñecementos da literatura española e galega, polo que teño feito, ademais, traducións de textos literarios.




Prazos de entrega                                                                                                                                   Volver ó menú
Normalmente, cumpro os encargos con bastante rapidez, a non ser que nese momento teña moito traballo. Nese caso, trato de cumprir con todos a tempo, por orde de solicitude e atendendo tamén a se algún deles debe ser entregado antes por algunha razón inamobible. Adoito traballar todos os días, xa que ao traballar por min mesma, podo coller o ordenador cando quero e poñerme a traducir. Aínda así, isto non significa que se me poidan esixir os encargos a calquera hora, claquera día. De feito, non acostumo a contestar encargos nin en fin de semana, nin en días festivos. Ademais, nas datas sinaladas adoito tomar unhas vacacións tamén, pero nese caso avisaría e cumpriría antes cos encargos xa aceptados.




Prezos                                                                                                                                                 Volver ó menú
Os prezos das miñas traducións coinciden coa media de todos os tradutores de hoxe en día. Cobro 0,05€ por palabra, independentemente do tipo de texto e do tema que este trate. Onde si que poden variar un pouco os prezos é se un encargo é urxente e se me esixe acabalo para un tempo moi reducido, polo que tería que darlle prioridade a este texto, incrementando así o seu valor. Así mesmo, tamén podería encarecerse o meu traballo no caso de aceptar un encargo durante vacacións ou nun período de tempo no que supostamente eu non traballaría. Non adoito, aceptar este tipo de encargos, pero no caso de aceptalo, incrementaríase o seu valor.




Ferramentas en liña                                                                                                                          Volver ó menú 

Podedes usar estas ferramentas en liña que eu adoito utilizar:
1-. GOOGLE. é un buscador no que se pode atopar información de todo tipo
2-. DRAE: É o dicionario da Real Academia Española
3-. Dicionario Real Academia Galega: É o dicionario da Real Academia Galega
4-. WordReference: Páxina de dicionarios e traducións que consta de diversos idiomas



  Para contactar comigo                                                                                                                      Volver ó menú
Para contactar comigo cómpre enviarme un correo electrónico ao enderezo que aparece abaixo. Pódese enviar en calquera horario, aínda que o máis problable é que eu só responda nun horario "prudente". Nese correo, débese explicar os detalles do encargo, especificar se hai algunha cousa que se deba traducir ou facer exactamente dunha forma, e tamén se debe dicir para cando tería que estar acabado o traballo, ademais de adxuntarme o texto en cuestión. Entón, eu xa respondería dicindo se acepto ou non o encargo e se estou conforme con todos os puntos. O correo desde o que se me envíe esta mensaxe será ó que me dirixirei no caso de ter algunha dúbida ou problema.


                                       

correo electrónico

llopezri2014@gmail.com





contador de visitas